Centro Roda

David Andrade Baliño Rúa do Muíño 36
36680 A Estrada
Tel: 986 573 365
605 796 854
Centro Roda     /A empresa

O teu especialista en pneumáticos na Estrada

En xuño de 2015 abre as súas portas na Estrada, Centro Roda, unha empresa especializada no mundo dos pneumáticos, ben para automóbiles particulares ben para pequenos vehículos de transporte comercial.

Os servizos que ofrecemos van desde a reparación e o cambio de pneumáticos ao cambio de pastillas e de discos de freo ou á comprobación e reposición dos niveis de líquidos. Traballamos con primeiras marcas e tamén con marcas de baixo custo, garantindo sempre a máxima calidade e o mellor prezo do mercado.

Para todo isto contamos coa máis avanzada tecnoloxía da prestixiosa casa Ravaglioli:


Desmontadora
Máquina desmonta-pneumáticos automática

Máquina de última xeración para desmontar pneumáticos de forma automática con asistente de prensa pneumática e brazo rotatorio que evita posíbeis danos na lamia e no pneumático.

Equilibradora
Equilibradora electrónica con microprocesador

Sistema de equilibrado mediante tecnoloxía láser que garante a máxima precisión grazas á medición automática de distancia e diámetro de roda. Implementa o software automático ALU S para lamias de aluminio e PAX para rodas Michelin PAX.

Horario

Luns a venres:
  9:30 - 13:30
15:30 - 20:30